Abr
11
2013
3

Inauguramos a Libraría este venres 12 a partir das 18:00 horas!!

Este venres 12 de abril, ás 18:00 horas, abrimos as portas!!!!!
Será en forma dun convivio festivo, con actividades para nenas, nenos e as súas familias.
Logo, a partir das 20:00 horas, poderemos escoitar a Xurxo Souto, quen fará voar as palabras e a imaxinación das persoas presentes.
Todo isto, claro é, acompañado por petiscos e por suposto por todas e todos vós, que sodes o máis importante deste proxecto!!!

Estaremos encantados de recibirvos na que queremos sexa a vosa casa.

Written by librariacarricanta in: Apertura | Etiquetas: ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes