Abr
03
2013
--

Incendio de 1616 en Betanzos

Na Wikipedia en galego podemos ler o seguinte sobre o incendio de 1616 en Betanzos:
“Betanzos sufriu o 18 de setembro de 1616 un importantísimo incendio que afectou á cidade no seu estatus e mesmo na súa poboación e urbanismo. A peculiaridade deste incendio é que figura amplamente testemuñado baixo un informe do mesmo o título Averiguación y más diligencias hechas en razón del incendio de la ciudad de Betanzos por el dor Johan Carnero do Vilar, abogado de la Real Audiencia de este reino y juez de comisión para la dicha averiguación nombrado que figura no Archivo Histórico Nacional. Segundo este informe -que viña acompañado dun deseño realizado sobre a incidencia do incendio na cidade para que o goberno de Filipe III comprendense a gravidade do mesmo e lle concedese algún beneficio fiscal á cidade- figura que no incendio arderon 262 edificios, entre os cales varios pazos, a cadea municipal e parte da igrexa de Santa María do Azougue. Os diferentes núcleos de poder da cidade posiciónanse para obter as concesións das reconstrucións pero realmente a cidade non volveu a brillar como antes do incendio.”

Esta foto foi tirada do Anuario Brigantino.

Written by librariacarricanta in: Historia de Betanzos | Etiquetas: , ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes