Out
14
2013
1

Presentación de «Baixo a lona preta», de Xosé García Rodríguez

Boa tarde

O próximo venres día 18, sexta-feira, às 20:00 teremos o pracer de presentar na nosa libraría o libro Baixo a lona preta, escrito por Xosé García Rodríguez ( Estaleiro Editora, 10€, 205 pp.)

 

O libro é un diario da viaxe de Xosé García á Bahía, onde os «Sem Terra» – un movimento que conta xa trinta anos-  «non perseguen utopías, senón que as constrúen cada día», traballando nun proxecto común que busca facilitar o acceso á terra e con ela a unha vida digna, a centos de milleiros de persoas desposuídas.

Xosé García coordena o voceiro do Sindicato Labrego, Fouce, e ten traballado para diferentes medios de comunicación escritos, como Praza Pública, Tempos Novos ou Diagonal.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Written by librariacarricanta in: Actividades | Etiquetas: , , ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes